_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Esgotadas en dúas semanas as entradas para os tres concertos do ciclo “Achégate ao Salón!”

A Concellería de Cultura acertou de pleno na programación dos concertos matutinos do ciclo “Achégate ao Salón” a xulgar pola excelente acollida que tivo por parte do público. O primeiro concerto, celebra do 4 de febreiro completou o aforo e as entradas para os dous que quedan por celebrar esgotáronse o 7 de febreiro, tan so despois de 15 días da súa posta á venta. O cartel confeccionado polo departamento que dirixe Sonia Outón, composto por La Habitación Roja, Depedro e Christina Rosenvinge causou furor entre os afeccionados á música indi-pop. A isto hai que engadir os baixos prezos das entradas (7 euros ou 15 o bono para as tres actuacións) e á gratuidade para parados e menores de 16 anos medianta a que Cultura pretende facilitar o acceso de todo o mundo ao ocio musical.
14.02.2018.- “Achégate ao Salón!” é un ciclo de concertos matinais de pequeno formato a celebrar os domingos no escenario do Salón García e dirixidos ao público familiar. O salón conta con 224 butacas, polo que completar o aforo nos tres concertos supón unha entrada de 765 persoas. Delas, 34 optaron por adquirir os bonos para asistir ás actuacións dos tres grupos beneficiándose do correspondente desconto. As restantes localidades vendéronse de forma individual.

Pero o dato máis significativo é a importante porcentaxe de persoas que poderá gozar da música destes relevantes grupos do panorama musical actual completamente de balde, xa que 92 das entradas foron reservadas a través da aplicación de gratuidade que Cultura puxo en marcha neste ciclo en beneficio das persoas desempregadas e dos menores de 16 anos, condición que terán que acreditar o día do concerto para acceder á sala.

A deste ano é a terceira edición do ciclo “Achégate ao Salón”, unha iniciativa que, ademais de ampliar a oferta lúdica cultural do Concello e dar contido ao emblemático Salón García, naceu cos obxectivos de chegar a novos públicos (principalmente familias novas con fillos) con horarios máis axeitados a eles e que contribúan a dinamizar os mediodías dominicais e a actividade hostaleira.

Tras o concerto de La Habitación Roja do pasado 4 de febreiro, o seguinte concerto acústico será o que ofrecerá Depedro o 4 de marzo. Christina Rosenvinge pechará o ciclo o 8 de abril. Todos os concertos comeza´n as 13:00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -