O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o edil de Obras e Servizos, Lino Mouriño, mantiveron un encontro cunha representación dos veciños da rúa Vilar Ponte (a que une Os Duráns con Marxión) para expoñerlles o proxecto de ampliación e mellora da rede de saneamento que aprobou este luns a Xunta de Goberno Local. A actuación proxectada ten como obxectivo poñer fin aos desbordamentos que se producen en episodios de chuvias intensas debido a que as augas pluviais colapsan a canalización de residuais, facéndoas aflorar na superficie. |