|
CULTURA
Cultura reúne ás nove corais de Vilagarcía no ciclo de concertos “Vocalis” |
 |
A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía decidiu poñer en valor a labor das corais da cidade reunindo ás nove formacións existentes no municipio nun ciclo de concertos que leva por título “Vocalis”. Acompañada de representantes de todas as formacións vilagarciás, a concelleira, Sonia Outón, presentou esta mañá un evento que as agrupacións levaban tempo querendo celebrar, co que se quere dar a coñecer o seu traballo ao público e con actuacións en diferentes parroquias, a efectos de descentralizar a oferta cultural. Serán nove concertos a celebrar en outras tantas igrexas de distintas parroquias, todos de entrada gratuíta a completar aforo. O ciclo desenvolverase dende o 7 de abril ata o 20 de maio e todas as actuacións serán en fin de semana. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|