Vilagarcía prepárase para celebrar o día grande das festas de Santa Rita cunha véspera, a do martes 21 de maio, na que a actividade concentrarase na contorna de Vista Alegre -co típico ambiente romeiro dos fieis que acoden ás misas e logo recuperan forzas a base de polbo á feira e rosquillas-,e no Parque da Xunqueira onde, unha xornada máis, continúa a Feira Celta coas súas actividades de animación, xogos e música. Os pasarrúas a cargo a AC Lumarada de Cornazo animarán o centro urbano e a verbena de La Fórmula amenizará a velada invitando a bailar na verbena da avenida da Mariña. |