O Concello de Vilagarcía someterá á aprobación do Pleno deste mes de maio os pregos que rexerán a licitación do Servizo de Axuda no Fogar a partir de 2025. Cunha duración de dous anos, prorrogables outros tres, o prezo do contrato para o período total de cinco anos ascende a 9.970.115,20 euros. Trátase, xunto co de recollida de lixo e limpeza viaria, do contrato máis cuantioso da administración local, de aí que teña que ser aprobado pola Corporación Municipal. |