O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Álvaro Carou, recibiron esta mañá no Concello ao presidente nacional da UPTA, Eduardo Abad, e aos directivos da asociación local, Jesús Diéguez e Reyes Casabella, no marco das reunións periódicas que o goberno local mantén con colectivos socioeconómicos co obxecto de pulsar a súa opinión e establecer vías de diálogo permanente respecto a asuntos de interese colectivo para o municipio. |