Benvido/a ao portal web do Concello de Vilagarcía. Unha porta de aceso á administración municipal pero tamén un escaparate do que somos e do que ofrecemos a quen nos visita.
Aquí, vostede poderá atopar información sobre os principais trámites a desenvolver na súa vida diaria e mesmo baixar os impresos máis habituais. Tamén poderá estar ao tanto das convocatorias de emprego, cursos e actividades. Igualmente, e de acordo co noso compromiso de transparencia, poderá coñecer os principais datos da xestión política e económica do noso Concello: presupostos, actas, proxectos, convenios, contratacións, adxudicacións, etcétera.
Por suposto, poderá así mesmo dirixir as súas queixas e suxestións tanto aos concelleiros como ao alcalde; sempre serán benvidas porque nos axudan a mellorar e, en consecuencia, a incrementar a calidade de vida da comunidade da que formamos parte.
Os novos tempos requiren unha maior proximidade entre a administración e aquilo que lle da razón de ser, os administrados. Por iso aspiramos a máis e por iso, tamén, a curto/medio prazo queremos converter a esta canle –www.vilagarcia.es- na base da administración electrónica do noso Concello.
Polo de pronto, sirva a actual plataforma para descubrir por que Vilagarcía é un lugar para vivir, unha cidade para mercar e un Concello para investir.
Moitas grazas por usar este servizo.
Alberto Varela Paz
Alcalde-Presidente de Vilagarcía de Arousa