|Anticipada en www.ataquilla.com (máis gastos de xestión). De non esgotarse antes, o día da función no Auditorio a partir das 16.00 horas
Observaciones
|
Despois do éxito rexistrado na súa estrea durante as festas de San Roque, os vilagarciáns terán unha nova oportunidade para gozar do musical “Tarzán” da man da escola de música e danza Coda.
Unha banda composta por 8 músicos e un coro de máis de 20 voces interpretarán en rigoroso directo os temas pop e étnicos que fían un espectáculo en cuxo elenco sobresaen os roles dos simios, encarnados en artistas expertos nos movementos destes animais e que complementan a súa actuación con acrobacias, animal flow e capoeira.