|De balde para socios da SFV. Resto do público, 18 euros.
Venta
|No Auditorio dende as 19: 30 horas
Observaciones
|
A tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía fai unha nova parada no Auditorio Municipal para acoller o concerto "Carta branca a dous amigos". o concerto interpretado polo dúo composto por Alexis Cárdenas (violín) e Thomas Enhco (piano).
Alexis Cárdenas é un dos violinistas máis importantes de América latina, e o francés Thomas Enhco é un prestixioso pianista clásico, de jazz e compositor. Os dous músicos son grandes solistas formados na excelencia clásica, que traspasan as súas fronteiras para dirixirse ao jazz, á música popular, á música contemporánea, á de cine.... As súas orixinais reelaboracións destes xéneros dan como resultado unhas improvisacións autenticamente memorables.
"Carta branca a dous amigos" é unha proposta musical cun programa sorpresa no que os intérpretes realizarán un percorrido musical único que irá dende Bach ata o jazz, pasando polos ritmos latinos.