 Observaciones |
|
|
Na Sala Rivas Briones
Javier Fernández é un debuxante catalán afincado en Granada que traballou fundamentalmente para o mercado estadounidense, en varios títulos como “Flashpoint: The Outsider", "Captain America: First Vengeance", "Hero Complex", "Nightwatchman", "Magneto" ou "Nightwing".
Demostrou gran versatilidade como debuxante, publicando tamén no mercado europeo, como un número de Novas Fazañas Bélicas para EDT, en España, ou a biografía en cómic de Amy Winehouse para o editor francés Jungle. Actualmente encárgase da nova serie de Image Cómics “King Spawn”, xunto ao escritor Sexan Lewis, que se puxo a venda a finais de agosto deste mesmo ano nos Estados Unidos batendo todos os records de venda ostentada ata ese momento polos Avengers, chegando ao medio millón de exemplares na súa prevenda. Aínda non publicado no noso país, a exposición amosa moitas das páxinas orixinais dese primeiro número. |