Observaciones |
|
|
O Parque Enrique Valdés Bemejo acolle a romaría urbana organizada polo colectivo Pés de Barro coa colaboración da Concellería de Cultura. O xardín botánico acolle durante toda a xornada obradoiros, visitas guiadas ao castro e os seguinets concertos:
18:00 BOUBA PANDEREITEIRAS
Un grupo de mozas da zona de Tordoia centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para podela amosar polo mundo adiante. María da Pontragha, Carme da Pontragha, Olga de Chee Maca do Piñeiro son Bouba Pandereteiras
CLARA PINO & PABLO VIDAL e banda
Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar “Sete Saias”, “Loaira” e “Un dedo manchado de tinta”. Mencionar tamén o premio otorgado pola Consellería de Educación co proxecto “A música desde o silencio” que inclúe a creación do tema e videoclip “Contracorrente”, no que participa Pablo Vidal. Colabora nos proxectos de música infantil “A nena e o grilo nun barquiño” “Pitusa Semifusa” e “Alegría”. Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.), ademais de formar parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan “Tatán Chapeu”, “Jazz Pagano” (Pablo Vidal Trío), Os Resentidos & Lira Big Band, A Doce Vita Sons de Cine, e “Nowhere”, xunto con Clara Pino.
21:00 XOSÉ LOIS ROMERO e ALIBORIA
Se a terra latexa, alguén terá que facer de médium para traducir ese latexo en son. Xosé Lois Romero & Aliboria son o proxecto indicado para trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se convirte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical.
|