|A LONXA DO RITMO: Las Ninyas del Corro e Machete en Boca
Programa
|A Lnxa do Ritmo
Fecha Inicio
|02/04/2022
Fecha Fin
|02/04/2022
Horario
|21:00
Lugar
|Praza da Peixería
Precio
| 14€ anticipada (+gastos de xestión), 18€ na billeteira
Venta
|Anticipada en www.woutick.es e no mesmo día da actuación na billeteira da Praza da Peixería.
Observaciones
|
O segundo dos concertos de música urbana de A Lonxa do Ritmo chegan coas actuacións de Love Yi, Tekilas, Sir Lamar e Iaghost
Love Yi: ten un estilo moi persoal que camiña entre o underground e a música mainstream, sendo un dos artistas con máis crecemento orgánico e constante..
Tekilas: é un cantante, produtor, Dj e deseñador orixinario de México. É un dos maiores expoñentes da música urbana en Galicia, sendo un dos artistas que representan a escena de Vigo, a maior potencia en canto ao xénero sen dúbida. Os xéneros musicais polos que se move e as súas influencias van dende o trap, a música mexicana, o reguetón ou a música electrónica.
Iagh0st: é un produtor e DJ nacido en Vigo. Con máis de 6 anos de experiencia traballou xa con grandes nomes do panorama galego (Tekilas, Dirty Suc, DL Blando, Beauty Pikete, Banana Bahia Music…) e do nacional (C Tangana, Love Yi, Recycled J, El Virtual). Moi presente nos clubs galegos como Overdose e Chalana, os DJ Sets de Iagh0st combinan os sons máis frescos có máis bailábel da música urbana.
Sir Lamar: é un artista lucense establecido en Cambados e pertencente ao selo Fume Records. A súa música caracterízase pola súa estreita relación coa electrónica, predominando os sintetizadores cósmicos e industriais e as atmosferas escuras, dentro dun amplo espectro moi dinámico.