Observaciones |
|
|
No Salón García
Con este espectáculo, Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas presentan o CD “Camiño Aberto”, un traballo que reúne grandes temas da canción popular de ámbolos dous lados do Atlántico e no que colaboran artistas galegos -como Uxía, Cristian Silva e o Coro Liceo Vilagarcía- e arxentinos -como Julia Zenko, León Gieco ou o Coro UTN de Villa María, entre outros-.
Este Canto Libre de Galicia & Lationamérica é un espectáculo fundamentado no piano de Cambas e a voz de Leiro. Trátase dun concerto íntimo cun repertorio exquisitamente seleccionado no que se atopan temas tradicionais galegos versionados con sutís arranxos, como o “Negra Sombra” (letra de Rosalía de Castro e música de Juan Montes) ou “Alí ven o Maio” (Luis Emilio Batallán), e tamén referentes da música do sur de América como o tango “Balada para un Loco” (Astor Piazzolla) ou “Los ejes de mi carreta” (Atahualpa Yupanki).
No concerto intervirán algúns dos artistas que colaboran no disco, así como instrumentistas invitados para enriquecer o espectáculo coa incorporación do son do violoncello, a zanfona, a gaita ou a percusión. |