A Duendeneta retorna ao seu lugar fetiche, a aquel onde naceu e onde deu a súa primeira sesión en 2012. E faino con ánimos renovados e coa música de sempre. Da man de Carlos Crespo e Kris K Djj, proponnos unha viaxe sonora polas músicas de baile de onte, de hoxe e de sempre, intentando esquivar os sons máis comerciais e cunha especial atención ás músicas que se están a facer en Galicia e á música en feminino.