|
“Aquí non chega!” é unha exposición que percorre a historia da Festa da Auga, o singular e popular evento nacido de xeito espontáneo a finais da década dos 70 do século pasado para converterse nun dos principais acenos de identidade das Festas de San Roque e de Vilagarcía. Fotografías, un vídeo, obxectos relacionados coa festa e tamén algunhas das camisetas coas que os vilagarciáns participaron estes anos na refrescante celebración, compoñen o corpo da exposición iorganizada polo Concello.