Observaciones |
|
|
Antonio Carmona é, xunto cos seus precursores, Camarón de la Isla e Paco de Lucía, un dos representantes máis destacados do Novo Flamenco ou do Flamenco Fusión. Tras a súa exitosa etapa con Ketama (con máis dun millón de discos vendidos), Antonio iniciou a súa carreira en solitario. Hoxe en día segue sendo un revolucionario, un creador e un innovador, buscando sempre mesturar novos estilos e sons.
Este ano volve sobre o escenario co seu espectáculo “Antonio Carmona en familia”, unha auténtica festa flamenca. Rodeado dos memos da saga dos Habicuela, ofrece un concerto único para todos os públicos onde o baile, a forza, o “duende” e a diversión están garantidos. Un espectáculo que une a forza e a pureza do flamenco coa diversidade dos ritmos latinos e a vangarda dos sons máis actuais.
|