Observaciones |
|
|
A partir das 12:00 horas, logo do traslado do santo dende a igrexa parroquial á capela de San Roque, lerase o pregón e dará comezo a Festa da Auga. Cubos, pistolas de auga, sulfatadoras... case todo vale para mollar e mollarse. Pero sempre dentro da zona "húmida". Convídase aos veciños destas rúas a que contribúan botando auga dende os seus balcóns e, aos que participan na batalla dende terra, a mollarse en combates corpo a corpo a base de caldeirazos, pistoletazos de auga, globos ou que o que consideren. Para repostar manteranse prendidos os chafarices da fonte da Praza da Independencia e as fontes de premedor. Tamén se porán bidóns para repostar. |