|
A orquestra La Oca reinvéntase en tempos de pandemia coa montaxe “Historia da verbena” que porá en escena na Praza da II República (explanada do Auditorio). Serán dúas horas de espectáculo nunha viaxe musical por todas as grandes cancións da verbena galega e universal e que o público poderá gozar comodamente sentado na súa cadeira.