Observaciones |
|
|
A narradora Cris de Caldas presenta os seus Contos en lila ou… contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Das caixas máxicas dos contos saen: carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno chorón que provoca unha revolución e unha inundación.
Precisamos un mundo que siga a ser azul pero cunha visión lila, polo que debemos unir forzas todas e todos nós. Por unha sociedade máis xusta e igualitaria, poñede as orellas para escoitar uns contos en lila.
Por un mundo máis lila, por un mundo mellor, por un mundo máis igualitario e xusto, o que fan falta son contos de cor lila. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións. Dirixido a público entre 3 e 7 anos |