_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTAS DE SAN ROQUE 20. Axenda do día
Programa
  | San Roque 2020
Fecha Inicio
  | 18/08/2020
Fecha Fin
  | 18/08/2020
Horario
  | 06:00
Observaciones
 
| MARTES 18 AGOSTO

12:30 – Rúas da cidade
Festaclown – Superroquiños
Espectáculo: + Ritmo
Compañía: Trío Detrés

O grupo anteriormente coñecido como Trío Refugallo convértese en Trío Detrés para dar saída a todo o seu potencial creativo.
Olivier Cano, Óscar Prieto e Felix Rodríguez volven a botar o lombo os ventos e a percusión para traernos este sorprendente espectáculo. En +RITMO o trío de música e humor crea un espectáculo con versión itinerante e estática con asombrosos números e xogos musicais. Un espectáculo que nos vai conducindo por momentos de virtuosismo musical e por momentos da risa máis natural.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

13:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Nos de Sobradelo

19:30 – Praza da II República
Festaclown - 1ª Sesión
Espectáculo: Plato, platito, platete
Compañía: Javi Javichy
Tras vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción o showman Javi Javichy busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos. Combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano. Javichy devolve ao público á sempre impresionante tradición dos malabares cun toque de humor.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

20:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Froallo

21:00 – Alameda
Concerto Son da Casa
Raíñas

Raíñas é un dúo en acústico de voz e guitarra formado por Patty Castro, vocalista residente en Vilagarcía de Arousa, coñecida por participar en formacións de rock, heavy e metal en Galiza e ser a creadora do proxecto de visibilidade MGK, Mulleres Galegas Kañeras, e Ricardo Ferreira, guitarrista/baixista/vocalista.

Raíñas busca coroar as mulleres e homes libres, rirse co público e buscar a complicidade para cantar ao amor sensible aos desamores razoados e ao empoderamento mais san e xuicioso.

Sen reserva previa ata completar aforo

22:00 – Praza da II República
Festaclown - 2ª Sesión
Espectáculo: Plato, platito, platete
Compañía: Javi Javichy
+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO Son da Casa
Noite de Lírica na Rúa
Loli Crespo (soprano)
Luis Santana (tenor)

Espectáculo de voz e piano pensado para recrear as mellores arias e romanzas de Ópera, zarzuela e canción de autor interpretados pola soprano Loli Crespo e o prestixioso barítono Luís Santana.

Loli interpretaranos algúns fragmentos das seguintes zarzuelas: Pomba (Barberillo de Lavapiés), Marica (A Leenda de Montelongo), Eliseo (Gran Vía), Marola (Tabernera do porto) etc.. O Mestre Santana cantará, entre outras, un aria de ópera de “El Barbero de Sevilla”, e xunto á soprano fará un percorrido por un vasto repertorio de Canción Galega de autor: Camiño longo, Rosa de abril.. Durante o espectáculo realizarán dúos e romanzas xunto ao Mestre Alejo Amoedo. Como convidados participarán a oboista Cristina Gómez, a cantante galega Rosa Leiro, e o pianista arxentino Juan Carlos Cambas.

Con reserva previa en http://www.woutick.es
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -