Observaciones |
|
|
O pianista arxentino Juan Carlos Cambas celebrará os seus 25 anos de carreira musical cun concerto en Vilagarcía, coa presentación dun espectáculo que resume a súa traxectoria artística, acompañado dalgún dos seus amigos artistas: Dulce Pontes: artista portuguesa internacional a quen Juan Carlos acompaña nas súas xiras; Daniel Casares, digno sucesor de Paco de Lucía no flamenco, Suna Rocha: Referente do folclore arxentino e tamén os artistas galegos: Uxía, Davide Salvado, Rosa Leiro, Margarita Guerra, Cristian Silva e Manolo Gómez. |