Observaciones |
|
|
Praza da Independencia e Praza de España Do 26 de novembro ao 9 de xaneiro
Horario: Todos os días de 11 a 14.00 horas e de 16.30 a 22.00 horas. O 24 e 31 de decembro, de 11 a 19.30 horas. O 25 de decembro, e 1 d exaneiro, de 17 a 22 horas.
Árbores de Nadal, figuriñas e obxectos para decoralos; coroas, centros de mesa e outras ornatos vexetais para adornar a casa durante estas datas; calcetíns e xerseis con motivos de Nadal; todo tipo de artesanía para regalar; turróns, mazapáns e outros doces típicos destas datas; mel, aceite, embutidos cos que comezan as comidas e ceas das celebracións e ata viños e produtos de comercio xusto se poderán adquirir no Mercado de Nadal de Vilagarcía. A maiores, os visitantes tamén poderán degustar in situ algúns produtos na caseta dun foodtrack e nos postos de venta de crepes, gofres e chocolate quente. |