11:30 – Praza da II República Festaclown – Superroquiños Espectáculo: Isolada Compañía: Pajarito O naufraxio dunha paiasa nunha illa, o descubrimento dos limites que nos separan, o xogo, a imaxinación, a loucura, porque ninguén se libra de estar tolo. Un espectáculo en construción, onde a paiasa Pajarito busca a súa propia linguaxe. Espectáculo de clown, mudo, poético, na busca das metáforas e os xogos mais universais.
13:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas O Souto de Rubiáns
19:30 – Praza da II República Festaclown - 1ª Sesión Espectáculo: Te veo Compañía: Cía Vaya + B-Side
O espectáculo TE VEO deriva da idea de colocar os artistas e o público dentro da cabeza dunha muller e usar os portés acrobáticos (forzas combinadas) e o circo contemporáneo como mecanismo para revelar a estrutura do seu pensamento, da súa mente e do seu mundo interior.
Humor, ironía, reflexión e acrobacia nun espectáculo familiar que conduce ao público a un mundo sináptico!
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO Marwan - Trío en Acústico Marwan conseguiu converterse, grazas ao boca a boca, nun dos cantautores máis recoñecidos do circuíto de salas de España con cheos en todas as cidades. Este verán despídese da súa xira " Mis Paisajes Interiores" cun repertorio no que, cunha visión cargada de melancolía e sentimento, pero con moita musicalidad, Marwan explora os máis diversos temas en torno ao mundo interior humano. Nesta xira, na que o piano e o violín arroupan a guitarra e voz de Marwan, destacan cancións como “Conviene Saber”, “Cómo Hacer que Vuelvas” o “La Vida Cuesta”, convertidos en himnos para os seus seguidores. Este concerto é unha viaxe persoal onde Marwan ábrese ante o desamor, ás pantasmas interiores e a procura de transcender estes sentimentos.
O artista avanzou xa algunhas cancións do que será o seu próximo disco, "O Vello boxeador" e non sería de estrañar que sorprendese ao seu público con algún destes novos temas.