Observaciones |
|
|
Ás 21:00 horas na PRAZA DE ESPAÑA
Logo da lectura do pregón dende o balcón do Concello, as agrupacións sociais, culturais e musicais participarán nun desfile que culminará diante da igrexa parroquial, onde farán a súa ofrenda floral ao patrón da cidade, San Roque.
Con saída dende o Concello, a comitiva pasará pola Avda. Xoán Carlos I, Xardíns de Ravella, Rúa Ramón y Cajal, Praza de Galicia, Rúa Castelao, Rúa Xeneral Pardiñas e Rúa Covadonga para rematar na Praza de España. |