Observaciones |
|
|
Tchimizayaguas (estrea en Galicia)
Fundada en 1985 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue traballo, coñecemento e identidade, elaborando unha linguaxe teatral para vivir e compartir unha misión cultural, social e política. A súa completa técnica teatral caracterízase pola forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobática, teatral e circense propia. O seu labor artístico e o seu traballo pola memoria dende o compromiso político fíxolles gañar o recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súa invención, patentada a nivel mundial, dos zancos en patíns. Trátase de cultura popular de transformación social.
|