Observaciones |
|
|
Kanbahiota significa reviravolta en brasileiro. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo. Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias, non sen algunha caída inesperada... 20 minutos de espectaculares voos en clave de humor. |