|
Milladoiro presenta en Vilagarcía o seu novo disco "Atlántico", no que se recolle unha traxectoria profesional de máis de 35 anos. Trinta e cinco anos tentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, poñendo banda sonora a un país en perpetua construcción imperfecta. Máis de trinta anos despóis, Milladoiro segue á procura da beleza e da harmonía nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un dos seus integrantes que sempre estean á altura "do seu horizonte de mar, ceo e terra: un horizonte onde pousa a ollada tan so, a esperanza”.
Patrocinado polo programa Musigal da Deputación Provincial de Pontevedra.