|
LIV CONCURSO EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DA CAMELIA Organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa
Mostra floral na que 30 cultivadores de flores de toda Galicia amosan os mellores exemplares das diferentes variedades de camelias que posúen. As composicións florais suman un total de 122 metros cadrados de exposición.
19:00.h.- Inauguración a cargo do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz e apertura oficial da mostra. 20:00. h- Desfile de moda cos traxes da colección "Camelia" do modisto de Carril, Franco Quintáns.
No exterior da Praza da Peixería, unha exposición de gran formato recolle as mellores imaxes presentadas ao Concurso Fotográfico da Camelia.
Varios comercios da localidade participan no Concurso de Escaparatismo do certame e durante a fin de semana exhiben as decoracións florais nos seus escaparates.