Observaciones |
|
|
Exposición fotográfica homenaxe a Rosita "Rañó", unha das primeiras mulleres que se dedicou profesionalmente á fotografía en Vilagarcía, labor á que lle adicou toda a súa vida laboral.
Despois da súa estrea en Vilagarcía e o seu paso por Carril, a mostra chega agora ao cnetro socio cultural e deportivo do preguintoiro (Vilaxoán).
A mostra componse de algo máis de 100 fotos que abarcan a década comprendida entre principios dos anos 70 e principios dos 80. Son imaxes, todas elas, tomadas por Rosita ao longo desa etapa e nas que predominan os traballos en cor, fronte o branco e negro, xa que foi nese tempo canso a fotografía en cor empezou a introducirse en España e foi todo un furor. |