De bruídos e miañares é un espectáculo dirixido ao público familiar que combina a narración oral coa música en directo. En escena, unha narradora e un músico acompañados dos seus peculiares instrumentos: contan e cantan historias onde os animais son os protagonistas. Nesta viaxe pola fauna descubriremos contos peludos, voadores e agarimosos e participaremos activamente do relato. Os obxectivos xerais da obra son estimular a creatividade individual e colectiva. Achegar as artes escénicas a espazos non convencionais, incentivar a observación activa dos rapaces espertando deste xeito a súa sensibilidade e explorar o sentido lúdico do teatro.