Observaciones |
|
|
“Desenfreno Cabaret. Sexo, Ideas y mucho Follón” é o provocador título coa que a compañía Dreamwalkman, con Agustín Leirós á cabeza, pretende encher de humor e sátira o Salón García, este sábado (22:00 horas) e domingo (21:00) O prezo é de dez euros en venda anticipada (tiketea.com) e de doce o mesmo día do espectáculo. En “Desenfreno” haberá momentos para as risas, pero tamén para a reflexión, aínda que a compañía advirte que a obra non é recomendable para menores de 16 anos. O elenco do “Desenfreno Cabaret” compóñeno, ademáis de Agustín Leirós, María de Heredia, Hugo Santos, Ciara Cabodevila e Laura Cabaleiro ao piano. O espectáculo, de dúas horas de duración e que está colleitando un notable éxito alá por onde pasa, contará nesta ocasión con Sabela Cereijo como artista invitada. |