Observaciones |
|
|
Organizado polo Arosa SC, co obxecto de recadar fondos para os distintos equipos do club, en colaboración co Concello, ViñaGarcía, o Salón Gastronómico de Arousa, retoma a senda de Albarousa, a mostra do albariño artesanal, pero baixo un novo enfoque. Viños da D.O. Rías Baixas, principalmente elaborados no termo municipal de Vilagarcía, receitas tradicionais e música compoñen o menú desta cita gastronómica.
A mostra abrirá as súas portas o venres 09 de agosto ás 21:00 horas. Os horarios os demais días serán de 12 a 15 horas pola mañá e de 20 a 24 horas pola noite. |