|Anticipada, en www.servinova.com ou no Tlf. 902504500, e no mesmo día da actuación no Auditorio a partir das 16:30 hs.
Observaciones
|
Teatro Migallas presenta este espectáculo para nenos de 4 a 12 anos.
Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas. O argumento desta peza teatral convida os rapaces e rapazas a vivir grandes aventuras lendo nos libros. Ademais trátanse temas como a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación, etc.