|
A mostra estrutúrase a xeito de reportaxe fotográfica que naceu da idea do autor de querer ensinar a verdadeira dureza que sofre unha das partes máis significativas dos peregrinos ao longo do Camiño cara Compostela: os seus pes. Coincidindo co ano Xacobeo en Galicia, Óscar Vífer decide en 2010 levar a cabo este proxecto fotográfico que segue en constante crecemento material.
Óscar Vífer estudiou fotografía na escola Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Ten traballado como fotógrafo en varios medios de prensa e actualmente centra o seu traballo na fotoreportaxe e no automobilismo.