O Concello de Vilagarcía vén de sacar a licitación a compra dun vehículo 100% eléctrico para poñer en marcha un servizo de reparto a domicilio dos produtos adquiridos na Praza de Abastos. O contrato ten un prezo de saída de 48.400 euros que o Concello financia cos fondos europeos Next Generation concedidos ao programa Vilagarcía Viva a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. As empresas interesadas disponen de prazo ata o día 14 de maio para presentar as súas ofertas.