Vilagarcía volve a acoller un novo evento deportivo. Neste caso trátase do III Torneo de Rugby 7 Santa Rita para a categoría M14, que se desenvolverá o sábado 25 de maio no estadio municipal de atletismo e o campo Manuel Jiménez. Organizado polo club Os Ingleses, coa colaboración da Federación Galega de Rugby e o Concello de Vilagarcía a través da Fundación Municipal de Deportes, o torneo reunirá a 16 equipos procedentes de Galicia, norte de Portugal e Palencia, ademais de ao mítico Instonians de Belfast. |