Na véspera do día no que se cumpren 216 do levantamento do pobo de Vilagarcía contra a invasión francesa, o alcalde, Alberto Varela, e membros do goberno local visitaron esta mañá a Praza da Independencia para poñer en relevo o que é un dos episodios máis destacados da historia da cidade. A celebración desta efeméride fíxose coincidir co remate dos traballos de restauración da placa que dende 1908 conmemora o centenario deste feito histórico no mesmo lugar no que se producira o 12 de maio de 1808, a Praza do Mercado, rebautizada posteriormente como Praza da Independencia. |