A mostra bibliográfica que a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro organiza anualmente con motivo do Día das Letras Galegas conta este ano cun aliciente moi especial grazas á xenerosidade da familia do editor Francisco Pillado, que cedeu temporalmente ao centro distinto material de Luísa Villalta Gómez, a autora homenaxeada este ano. O alcalde, Alberto Varela, acompañado dunha das fillas do editor, Ana Pillado, visitaron esta mañá a mostra que se pode visitar ata o 31 de maio na zona de recepción da Biblioteca da rúa Castelao. |