O teatro regresa esta fin de semana á axenda cultural e faino cunha comedia do famoso dramaturgo Martin McDonagh dirixida para a ocasión polo director teatral galego Cándido Pazó e representada pola compañía Contraproducións. Trátase de “Entrega en man”, unha obra louca e denegrida na que, a base dun humor mordaz e corrosivo, zumega os temas do racismo, o machismo e a xenofobia. O espectáculo terá lugar o sábado, 25 de maio, no Auditorio a partir das 20.00 horas. |