Os veciños da zona da Escardia xa poden volver a utilizar o ascensor do paso soterrado baixo a vía do tren. O novo elevador instalado polo Concello está operativo dende hoxe, como puideron comprobar o concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, a tenente de alcalde, Tania García, e a edil de Facenda, Luz Abalo. O equipamento, no que o Concello investiu 48.000 euros, ten maior capacidade que o anterior, ata 12 persoas, é máis seguro e eficiente enerxeticamente, e acondicionouse debidamente para evitar as filtracións de auga que provocaban boa parte das avarías. |