As persoas e colectivos interesados en festexar as noites de San Xoán e San Pedro coas tradicionais cachadas xa poden solicitar os preceptivos permisos ante a administración local. O Concello de Vilagarcía vén de publicar o bando no que se especifica o trámite a realizar, así como os requisitos e normas de seguridade a cumprir, tanto nas fogueiras como nas grelladas a celebrar en vía pública por parte de establecementos hostaleiros. A novidade é que, debido aos traballos de rexeneración medioambiental que está executando Costas, este ano non se poderán realizar cachadas nas praias da Concha Compostela. |