O Concello de Vilagarcía celebra este xoves, 20 de xuño, un Pleno con un único punto na orde do día: finalizar o expediente de liquidación pola resolución do contrato da concesión do parking de Xoán XXIII. A sesión convócase pola vía extraordinaria a efectos de concluílo antes de cumprirse 2 meses dende que se iniciou (por acordo do Pleno do 25 de abril). O Pleno celebrarase o xoves, 20 de xuño, ás 9.30 horas. |