O Concello de Vilagarcía dá un paso máis no desenvolvemento do turismo ligado á tradición Xacobea poñendo en marcha unha liña estable de travesías da Orixe do Camiño durante os meses de verán. A iniciativa promovida pola Concellería de Turismo artellouse mediante a sinatura dun convenio de colaboración con dúas empresas de turismo náutico da ría, Náutica Medusa e Amare Turismo Náutico, que serán as que ofrezan o servizo. As viaxes realizaranse os martes, xoves e sábados, con saídas dende o edificio de Mariña Vilagarcía, no peirao de pasaxeiros. |