“O humor, unha ferramenta fundamental na vida e tamén para o feminismo e a loita pola igualdade” é o tema sobre o que xira a oitava edición do Festivala-Mulleres Creando, o festival organizado polo colectivo feminista O Soño de Lilith, en colaboración co Concello de Vilagarcía, que se desenvolverá o vindeiro sábado, 8 de xuño, a partir das 19 horas na Praza da II República. Cun cartel de luxo que contará coa participación da cómica e comunicadora Henar Álvarez, o apartado musical inclúe os concertos de Fillas de Cassandra, Brassica Rapa, Zeltia Irevire, Argallo e Señora DJ. A modo de petisco, o programa abríase hoxe, 1 de xuño, co obradoiro “A risa, unha ferramenta revolucionaria”, impartido por Baia Fernández. |