A organización do CURTAS- Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa vén de presentar a imaxe do certame deste ano. Obra do artista arxentino Flavio Greco Paglia, o cartel mestura a literatura fantástica e de terror de Lovecraft, coa historia vilagarciá e a tradición galega. De feito, Cthulhu, a criatura cósmica -parte polbo, parte dragón, parte humana-, creada polo escritor estadounidense protagoniza a ilustración na que tamén aparecen un barco pesqueiro galego e un buque da Royal Navy. |