_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
A asociación Dronámbulos nace en Vilagarcía tras o curso de pilotaxe de drons organizado polo Concello

O salón de Plenos do Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación pública de Dronámbulos, unha asociación centrada no uso e manexo de drons, tanto con fins lúdicos como profesionais. Este novo colectivo xurde como iniciativa do grupo de persoas que participou no curso de pilotaxe de drons organizado hai uns meses pola Concellería de Emprego do Concello no marco da súa estratexia de proporcionar formación en novos campos e tecnoloxías para favorecer a saída laboral nestes novos nichos de traballo. Ademais da directiva da asociación, asistiron ao acto o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Emprego, Álvaro Carou.
26.07.2024.- Recentemente constituída e coa xunta directiva formada, Dronámbulos márcase como primeiro obxectivo captar novos socios entre todas aquelas persoas que desexen afondar no coñecemento e no uso dos drons, así como nas posibilidades que ofrece tanto para empresas, como para institucións, e tamén a título persoal, dende o punto de vista profesional ou simplemente de divertimento.

Pero quizás a primeira e máis importante función que terá a asociación é informar aos interesados sobre a normativa existente respecto ao uso de drons, os requisitos que se deben cumprir para poder manexalos e formación coa que se debe contar para facelo, “porque un dron non pode pilotalo calquera, nin en calquera lugar, e córrese o risco de que te multen”, explicou Silvia González, membro da xunta directiva.

Dronámbulos está ultimando a súa páxina web, dende a que se ofrecerá todo tipo de información sobre a asociación e os servizos que prestará: información e asesoramento, formación, prácticas, actividades lúcidas e tecnolóxicas para nenos e adultos, talleres de tecnoloxía, toma de imaxes aéreas ou realización de audiovisuais.

A asociación vén de poñen en marcha unha campaña de captación de socios cun 30% de desconto ás 25 primeiras persoas que se anoten, que pagarán só 12 euros dos 36 euros da cota anual.

Como remate á presentación de Dronámbulos, o alcalde apuntou que dada a excelente acollida do primeiro curso organizado dende o Concello, xa está prevista a realización dunha segunda edición para continuar formando a xente no uso de drons “dadas as grandes posibilidades laborais que ofrece esta nova tecnoloxía en ámbitos tan dispares como a seguridade, as emerxencias, a publicidade, o cine…”. Ademais, Varela congratulouse da existencia dun colectivo que informará sobre a normativa que rexe o uso dos drons e que impulsa a formación “xa que hai que saber utilizar axeitadamente os aparellos e facelo nas condicións e lugares que establece a lei para evitar riscos e así poder sacarlle todo o rendemento e proveito ás posibilidades que ofrecen”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -