|
PROTECCIÓN CIVIL
O Concello nutre con 65.000 euros a Protección Civil para seguir contando “coa excelente labor que presta a Vilagarcía” |
|
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da agrupación local de Protección Civil, Francisco Guillán Busto, asinaron este mediodía unha nova edición do convenio de colaboración entre o Concello e o colectivo de voluntarios. A administración local aporta 65.000 euros á formación a cambio de que esta realice determinadas labores complementarias e en colaboración ao traballo que desempeña o Servizo Municipal de Emerxencias. O rexedor manifestou que con esta axuda anual “o Concello quere garantir que Protección Civil continúe prestando a excelente labor que fai en Vilagarcía e que conta co recoñecemento unánime de todos os veciños e veciñas da nosa cidade”. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|