EMPREGO
Sart-T Case, Galo Galego e North West, gañadores dos primeiros premios ao emprendemento O Concello de Vilagarcía fallou dou a coñecer onte o nome dos proxectos empresariais galardoados na primeira edición dos Premios Emprendemento Concello de Vilagarcía- Emprende VGA 2107. O proxecto Sart-T Case de Diego Riveiro foi seleccionado como a Mellor Iniciativa Empresarial, mentres que a proposta titulada Galo Galego, de Dolores Ramos obtivo o premio á Actividade Comercial máis Innovadora. O premio ao Mellor Proxecto Turístico relacionado co mar foi para a única candidatura, a presentada por Patricia Santos, que leva por nome, Nort West.
30.08.2017.- Sart-T Case é un proxecto de desenvolvemento de novas tecnoloxías baseado, o deseño e comercialización de carcasas solares de teléfono móbil que actúan como cargador das baterías.
Galo Galego é una proposta para a creación dunha granxa artesá e un horto ecolóxico para producir e comercializar os produtos e tamén para a realización de actividades didácticas.
Por último, North West é un proxecto de turismo formativo que se centra en traer á Vilagarcía e a súa zona a estudantes e xóvenes de Irlanda e Gran Bretaña co obxectivo complementario de aprender español á vez que coñecen a ría, a nosa cultura marítima, practican actividades náuticas e todo o que temos na zona.
Os premios convocados polo Concello de Vilagarcía están dotados cunha bolsa económica de 3.000 euros para cada proxecto, co obxecto de contribuír aos gastos iniciais para a súa posta en marcha, así como de 3 meses de formación específica para cada un deles que impartirán no Coworking DallequeDalle mentores especializados nas respectivas materias que abordan os proxectos. A formación e asesoramento comezará o 15 de setembro. A demais, o Concello publicitará e divulgará as iniciativas gañadoras desta primeira edición dos premios promovidos pola Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Juan Antonio Pérez Callón.