_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Concello e confraría asinan un convenio para o uso conxunto das instalacións do Fogar do Pescador e a Axencia de Lectura de Vilaxoán

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da Confraría de Vilaxoán, Joaquín Santos, asinaron esta tarde un convenio polo que ambas institucións acordan colaborar no mantemento e uso compartido do fogar do pescador -propiedade do pósito- e da axencia de lectura de Vilaxoán -cuxa titularidade é municipal-. Posto que para a acceder á segunda -levantada nunha parcela interior- é necesario pasar polas instalacións da Confraría, que, ademais, permite a utilización dos aseos dos que carece a biblioteca, a Administración Local comprométese a colaborar anualmente cun 50% dos gastos correntes do consumo de electricidade e auga e tamén de mantemento, sen que en ningún caso se poidan superar os seis mil euros.
28.11.2024. No convenio cítase que no fogar do pescador danse cita entidades como a Coral Polifónica Máximo Patiño, As Revenidas, a comparsa Marajota e Media, o Club de Fútbol Sanmartín, a Anpa San Martín de Sobrán e a asociación de Mulleres Rurais. Posto que unha das labores encomendadas ás administracións públicas é o fomento e reforzamento do tecido social, cultural, xuvenil e deportivo da comunidade, o convenio asinado hoxe estaría máis que xustificado por si mesmo, tendo en conta as entidades citadas, pero aínda se reforza máis pola presenza da axencia de lectura, que actúa como subsidiaria da biblioteca xeral Rosalía de Castro, na rúa Castelao, en Vilagarcía.

A confraría comprométese a manter en perfectas condicións os locais obxecto do convenio. O documento estará vixente dende o 1 de xaneiro de 2025 e cunha duración de dous anos, salvo renuncia expresa de calquera das partes cun aviso previo de ao menos un mes. Para garantir o correcto cumprimento do acordado, o pacto prevé a creación dun comité de seguimento con dous representantes por cada institución.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -