_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O goberno local esixe á Xunta que as beirarrúas na PO-548 cheguen ata o casco urbano do Carril

O alcalde, Alberto Varela, informou hoxe de que o concello presentou alegacións ao proxecto de mellora da seguridade na PO-548 ao seu paso polo Carril. Trátase, en realidade, da segunda fase das beirarrúas que unirán Bamio co porto carrilexo. O problema é que nesa segunda intervención a Xunta pretende circunscribir as beirarrúas á curva tras un antigo concesionario de coches, de maneira que os viandantes terán que seguir camiñando por unha beiravía, co perigo que iso supón.
27.11.2024. Para Alberto Varela, trátase dunha demanda que “xa empeza a ser unha débeda histórica da Xunta de Galicia, non xa co concello de Vilagarcía, senón cos veciños de Bamio e do Carril. Levan 15 anos reclamando algo tan sinxelo como é a mellora da seguridade nun vial que é de titularidade autonómica”. A última vez que se fixeron obras de seguridade nesta estrada, lembrou o rexedor, foi co goberno de Emilio Pérez Touriño. A outra actuación foi a instalación dun semáforo que tivo que pagar o concello vilagarcián, previa autorización da Xunta, posto que a estrada é da súa responsabilidade.

“Levan anos prometendo que se vai solucionar este problema. Se falou dunha primeira fase e agora vemos que anuncian unha segunda, que vai ser outra decepción para os veciños porque non poderán chegar do Carril a Bamio andando”, aventurou o alcalde. Tecnicamente, explicou, non é difícil, posto que non hai que construír pontes nin retirar muros. “O que imos facer é presentar alegacións e pedir unha nova reunión coa conselleira, a ver se consigo convencela de que fagan en Vilagarcía o que están facendo noutros concellos da contorna. Se alí se poden facer sendas peonís de varios millóns, dende logo no concello de Vilagarcía debería de ser menos. Os veciños do Carril e Bamio teñen dereito a poder ir dun lado a outro por unhas beirarrúas. Son apenas douscentos metros”, rematou.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -